Data do webinar: 15-06-2021
Hora de comezo: 10.15 horas
Modalidade: videoconferencia
Este webinar, realizado en colaboración con Asepeyo, abordará a problemática do cumprimento da normativa en prevención de riscos laborais na pequena e mediana empresa así como a importancia de implicar os xestores laborais daquelas para que motiven aos seus clientes a cumprir coa súas obrigas preventivas.
A organización desta actividade formativa baséase na sinistralidade e obrigas legais da PEME, avaliando a situación actual así como a evolución no cumprimento dende que a Lei de prevención de riscos laborais comezou a súa andaina.
Nesta acción de información e sensibilización indicaranse as pautas para mellorar a compresión e a toma de conciencia sobre a importancia da seguridade e a saúde no traballo e os seus aspectos clave, así como as competencias para un desenvolvemento eficaz neste ámbito.